Saturday 04 de May de 2024

A Escola Municipal de Música Magariños celebra hoxe venres o segundo Festival de Músicas Modernas / Brión Open Music 2019


 

Será ás 20:00 horas no salón de actos do centro social polivalente

A Escola Municipal de Música Magariños celebrará o II Festival de Música Modernas | Brión Open Music´18 venres 25 de xaneiro, a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Social Polivalente. Un evento protagonizado polo alumnado do itinerario moderno que “porá enriba do escenario pezas moi variadas e coñecidas para o público”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

O programa do Brión Open Music 2019 inclúe seis actuacións moi variadas. Comezará coa interpretación de “Isto é o amor”, de Caxade, a cargo de Martín Piñeiro Búa, Daniel Tilve Rodríguez, Uxío Rudiño Lorenzo, Unai Peral Fernández, Uxía Otero Sequera, Nerea Nieto Abal e Noa de Blas Sánchez, que posteriormente interpretarán “Don’t speak”, do grupo No Doubt.

Acto seguido, Uxío Peral Fernández, Uxío Rudiño Lorenzo e Carlos Gulías Carrillo tocarán “Autumn leaves”. Un novo grupo de alumnos e alumnas pechará o festival interpretando tres pezas: “I was born to love you” (Queen), “Fallen” (Randy Crawford) e “Respect” (Otis Reading). Este grupo estará formado por Jaime Tilve Álvarez, Daniel Tilve Rodríguez, Gonzalo López Méndez, Mara Sánchez Barral, Patricia Iglesias Millares e Candela Pérez Iglesias.

O Brión Open Music 2019 está organizado pola ESMU Magariños de Brión, en colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.